Smara
Paula Carballeira
Carole Hénaff

Editorial Pontevedra. Kalandraka Editora, 2006
Descripcióncapa dura; 60 páxs.; 15,5 x 24
ISBN / ref 84-8464-549-5
Sinopse
Se algún día viaxas ao deserto, busca a cidade con aroma a clavo e fume, a perfume de muller. As súas noites están tapizadas de estrelas y gardadas por dunas de area fina. Si algún día viaxas ao deserto pregunta pola Avoa Ugago, a dos cabelos brancos. Se tes a sorte de encontrala, pídelle que che conte as historias que garda na súa memoria. Ela sabe os contos máis fermosos, e tamén os máis terribles. Ela garda os secretos do Sahara e quererás oír a súa voz durante toda a noite: alí, na cidade de Smara.
Smara é a historia da viaxe dun neno a un lugar do deserto do Sahara. Alí coñece a Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga, capaz de protexer a cidade dos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os chamados Fillos das Nubes. Trátase dun relato cheo de maxia e misterio, que fala dunha cultura lendaria, forxada na area do deserto. Paula Carballeira descríbeo como "unha aposta pola melancolía, cun certo lirismo, unha especie de reivindicación da tristura que nos fai crecer por dentro".
Carole Hénaff reflexou o aspecto rústico dos pobos do deserto con ilustracións elaboradas con collage ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicas das teas, as cerámicas, as especias... A súa inspiración provén da experiencia persoal, tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de "impresión e respecto" que lle infundiu o Sahara.
As súas ilustracións transpórtannos a un mar de area, onde a vista se perde no horizonte e o tempo parece terse parado. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida con a luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores a medida que pasan as horas. "E malia estar só no medio desa inmensidade, síntese unha presenza... a do silenzo", explica Carole Hénaff. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e misterioso.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro