Sinopse Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfróntase cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Máis ca unha novela que mestura o exotismo de dúas culturas, este é o retrato dunha xeración, dun mundo próximo e, á vez, distante, e da esperanza que todos temos en axudar para que sexa un pouco mellor.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah