|
Eva Mejuto
 | | Editorial | Pontevedra. OQO editora, 2016 | | | Descripción | capa dura; 36 páxs.; 25 x 23 | | | ISBN / ref | 978-84-9871-532-3 | | Sinopse Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña.
Corre corre, cabazón!,
respondía á cabaza que ía rodando polo camiño,
diante da mirada estupefacta do lobo, do oso e do león.
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?
Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, e que, sen embargo, nunca tiña sido editado en galego. Conta a historia dunha velliña que, de camiño á voda da súa neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
Escritores da talla de Alice Vieira e compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, teñen recollido variantes desta historia en todo Portugal e mesmo Brasil, con historias que deron en chamar A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na variante brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo. Nalgunha destas versións os animais comen á avoa, mais nesta versión optouse por un final no que a vella e a neta, xuntando enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e darlle as tres feras o seu merecido.
Cun ritmo áxil e empregando “lenga lenga” –case un trabalinguas-, presente nas versións portuguesas que aínda hoxe circulan, este conto ofrece moitas posibilidades expresivas de narración e representación teatral.
André Letria, ilustrador de gran prestixio en Portugal e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración do país veciño, crea personaxes con moita forza e personalidade, acentuando a súa expresividade e enriquecendo as imaxes cun imaxinario humorístico moi definido.
| |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Infantil e Xuvenil
Conta andel
Carriño
| Importe | 12.98 € | | 4% I.V.E. | 13.50 € | | Club | 12.82 € |
|