|
Premio Xerais de Novela 2006 Diego Ameixeiras
 | | Editorial | Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2006 | | | Descripción | Rústica con lapelas; 216 páxs.; 14,5 x 22 | | | ISBN / ref | 84-9782-487-3 | | Sinopse Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o disfrute do sexo. Escrita cun estilo, fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio Xerais 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor.
| |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas
Conta andel
Carriño
| Importe | 15.53 € | | 4% I.V.E. | 16.15 € | | Club | 15.34 € |
|