A ponte sobre o Drina
Ivo Andric
Tradución: Jairo Dorado Cadilla

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2007
DescripciónRústica con lapelas; 322 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-934801-8-9
Sinopse
Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Unha ponte que marca a vida das xentes que habitan na súa bisbarra, e que nun mundo inestábel e axitado é o seu maior e máis prezado tesouro, testemuña das mudanzas dunha terra asentada entre dúas culturas, en constante e dramática evolución. Un universo de visires, comerciantes, labregos e soldados rodea a ponte, protagonista muda desta crónica de 300 anos. A ponte sobre o Drina é un cartafol cheo de relatos sobre a vida e os costumes do corazón de Europa, dende os comezos do dominio otomán até o estoupido da Primeira Guerra Mundial, con exemplos de pacífica convivencia entre as relixións e momentos de violencia desapiadada como fondo.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 21.06 €
4% I.V.E. 21.90 €
Club 20.81 €

Engadir ao carro