John Rutherford. Mar por medio
Varios

Editorial Trasalba (Ourense). Fundación Otero Pedrayo, 2007
DescripciónRústica con lapelas, 114 páxs.; 24 x 21
ISBN / ref 978--84-611-7618-2
Sinopse
O profesor británico (Saint Albans, 1941), un dos fundadores da Asociación Internacional de Estudos Galegos, tradutor e escritor en lingua galega, publicou recentemente a novela As frechas de ouro (2004), vén de ser recoñecido cun dos máis prestixiosos galardóns da nosa cultura. A Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer, na figura de John Rutherford, a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Nesa tradición están algúns dos primeiros descubridores e editores dos nosos cancioneiros medievais a finais do século XIX e nos primeiros anos do século XX (Carolina Michaelis de Vasconcelos, Henry R. Lang, Rodrígues Lapa, Ernesto Monaci, Enrique Molteni, Jose J. Nunes…), mestres da lingüística románica como Joseph Piel, Gustav Gröber, Fritz Krüger ou Dieter Kremer, historiadores e críticos literarios como Giuseppe Tavani, Giulia Lanciani, Anna Ferrari, Elsa Gonçalves, etc., e mais as novas xeracións de profesores e investigadores, que formados na escola dos primeiros e nos centros de estudos galegos de Europa e de América, incorporan nova xeira á tradición: David Mackenzie, Derek Flitter, Kirsty Hooper, Craig Patterson… John Rutherford é na actualidade profesor no Queen’s College da Universidade de Oxford e presidente do Centro de Estudios Galegos desa universidade británica. Foi fundador e presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que reúne estudosos de arredor de 50 universidades de todo o mundo interesados na nosa lingua e na nosa literatura. Traduciu e difundiu en inglés a obra de varios autores galegos, dende Castelao a Xosé Luís Méndez Ferrín, e orientou os seus estudos a descubrir as raiceiras galegas de moitas manifestacións do hispanismo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro