|
Aproximación á realidade arquitectónica xeral de Galicia dende a Prehistoria ata os nosos días Manuel Torres Búa
 | | Editorial | Vigo. Nigra Trea, 2007 | | | Descripción | Capa dura con sobrecuberta, 278 páxs.; 25 x 31 | | | ISBN / ref | 978-84-95364-45-6 | | Sinopse A Arquitectura é un ben público. A modificación do ambiente mediante unha realidade artificial afectalle ao conxunto da poboación. Arquitecturar é un proceso que adquire así un profundo contido social que debera ter coma obxectivo o progreso do país no seu conxunto. Desta convicción nace a presente obra. Nun período de tensións e cambios, percíbese un crecente interese pola arquitectura e o urbanismo. Este libro pretende achegar unha visión didáctica e de conxunto da realidade arquitectónica pasada, presente e futura que facilite a comprensión deste fenómeno polo lector. Téntanse achegar criterios xerais de análise que sirvan para unha visión persoal e crítica da nosa realidade arquitectónica. É unha busca da «trazabilidade»: das influencias entre as distintas arquitecturas, dos fíos que conectan as diferentes etapas da nosa historia, da conexión coa arquitectura internacional e dos posibles alicerces do futuro.
A riqueza do noso patrimonio e da nosa arquitectura reside na mestizaxe entre estilos e características autóctonas, entre arquitectura popular e non popular, entre arquitectura preexistente e arquitectura futura, entre a vangarda e a tradición. Este é o punto de arrinque deste traballo: a análise destes fluxos e influencias diversas, que darán lugar a características xerais recoñecibles para calquera. | |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Obras de referencia
Conta andel
Carriño
| Importe | 86.54 € | | 4% I.V.E. | 90.00 € | | Club | 85.50 € |
|