Caderno de animalista
Antón Fortes
Ilustración: Maurizio A. C. Quarello

Editorial Pontevedra. OQO editora, 2008
DescripciónCapa dura; 48 páxs.; 26 x 36
ISBN / ref 978-84-9971-064-9
Sinopse

Ensinar a mirar, espertar curiosidade por unhas obras xeniais, vangardas e individualidades relevantes da arte, en diálogo coa ficción literaria é o que nos propón este Caderno no que protagonistas insólitos, inspirados en obras emblemáticas do século XX, son quen de provocar sensacións e significados novos.

 

Sorprenderémonos descubrindo os amantes de Klimt como tigres líricamente noivos, a Marilyn (Warhol) multiplicándose como un camaleón narcisista, ou a atormentada e inconformista mona Chita, xubilada do espectáculo, protagonizando o grito (Munch). Con bufanda vermellla e abrigo negro, atoparemos a Aristide Bruant, famoso escribán lapón, cantando no Ambassadeurs de París á súa paxara idolatrada, quizá baixo a mirada atenta do maestro Toulouse-Lautrec e dos loros, clientes habituais do cabaret. A maja (vestida o espida), reencarnada en ovella, nos contará, sen pudor, as últimas murmuracións da prensa rosa…

 

Magritte, Botero, Klee, Mondrian, Brancusi... Stein, Joyce, Curros... ¿teñen unha débeda con este Caderno? Pintura e literatura fronte a una fauna diversa para achegarnos ao mundo da Arte con outra mirada.

 

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 17.21 €
4% I.V.E. 17.90 €
Club 17.00 €

Engadir ao carro