O soño do falcón
Xabier Iglesias

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2003
DescripciónRústica con lapelas, 224 páxs., 13 x 20
ISBN / ref 84-95622-86-6
Sinopse
Poucos homes como Pedro de Soutomaior tiveron a oportunidade de transcender alén do tempo no que lles tocou vivir e protagonizar a Historia de Galicia, como el fixo na segunda metade do violento século XV. A mestura de distintas calidades entre as que estaban a forza, a temeridade e a capacidade únida dun líder, fixeron deste home cruel e sanguinario destacado representante da nobreza medieval. Amado sen reservas polos seus parentes e amigos, como tamén odiado polos inimigos cobizosos da sona e das propiedades de quen foi rei por dereito no Baixo Miño, Pedro de Soutomaior protagonizou os feitos políticos máis importantes da súa época. Dous devezos guiaron sempre os seus actos. O primeiro deles a afirmación da súa propioa liberdade contra o poder da Coroa e da Igrexa, e tamén a loita constante, a miúdo en soidade, na defensa do interese político da unión de Galicia e Portugal, nun tempo no que o poder de Castela mandaba o contrario. Só a morte e a traizón lle impediron rematar a súa obra, feita sempre dacabalo e coa espada na man.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 9.81 €
4% I.V.E. 10.20 €
Club 9.69 €

Engadir ao carro